Outras enquisas: State of CSSState of GraphQLState of JavaScriptState of React

State of HTML

A enquisa anual da plataforma web para desenvolvedores

Abertas actualmente

2024

Cubrir a enquisa

Aínda que os desenvolvedores tendemos a enfocarmos máis no JavaScript e CSS, nada do que facemos sería posible sen o HTML base.

Pode parecer que o HTML non evolucionou dende hai tempo, pero as cousas están mudando. Vemos no horizonte novos elementos como <selectlist>, interesantes funcionalidades como popovers, e unha serie de API de navegador (Web Components, PWA etc.).

Este ano, Lea Verou asumiu a incrible tarefa de liderar o deseño desta nova enquisa, dende o contido ata a UX e máis alá.

Partindo do éxito de State of JS e State of CSS, presentamos State of HTML; a última peza que faltaba para completar a triloxía, e así podermos seguir a evolución da plataforma web en todo o seu conxunto.

Beneficios para ti:

  • Os resultados da enquisa son usados polos navegadores e grupos de traballo dos estándares para priorizar o seu roadmap. As túas respostas poden axudar a que se cheguen a implementar as funcionalidades que máis che interesan, a que se prioricen as incompatibilidades entre navegadores, e se corrixan lagoas na plataforma.
  • Podes aprender sobre novas funcionalidades que están aparecendo; engadir esas funcionalidades á túa lista de lectura e ter unha lista de recursos ao rematar a enquisa!
  • Obtén unha puntuación sobre o teu coñecemento e compárate con outros enquisados.

A enquisa estará aberta durante 3 semanas, pero as respostas durante os primeiros 9 días (ata o 1 de outubro) teñen un impacto moito maior na Web, porque eses datos preliminares vanse usar para certas priorizacións con prazos anteriores á data de finalización da enquisa.

Enquisas anteriores

Co soporte especial de